sábado, 31 de decembro de 2022

Desexámosvos Feliz Ano 2.023!

Nestes últimos momentos do 2.022 que xa está de fuxida, desde a Coral Bella Helenes queremos desexarvos que o ano novo que está aí ás portas sexa de verdade un Venturoso e Feliz Ano 2.023!!!

SEDE MOI FELICES!!!

domingo, 25 de decembro de 2022

Misa Na Honra De San Estebo, A Canicouva, Luns 26 Decembro

 E o noso ritmo non para: mañán Luns día 26 de Decembro achegarémonos ata A Canicouva para participar na Misa en honra de San Estebo, 1º Mártir do Cristianismo.

 Será na Igrexa de San Estebo, claro.

 Este Será O Noso Repertorio

 Agardámosvos Alí!

sábado, 24 de decembro de 2022

A Coral Bella Helenes Desexa un ¡Feliz Nadal!

 Dende A Coral Bella Helenes non queremos deixar pasar esas datas tan entrañables sen deixarvos o noso desexo de un Feliz Nadal!

mércores, 14 de decembro de 2022

Concerto De Nadal Mercantil Pontevedra, X Certame De Corais

Non ben acabamos unha actuación que xa nos metemos noutra. Será o vindeiro 16 de Decembro no Casino Mercantil E Industrial de Pontevedra que acollerá O Concerto de Nadal, X Certame de Corais.

 A partir das 20 h. Virán facernos compañía A Coral do Colexio de Avogados, Pontevedra E Os Chispas Do Lérez.

Estas serán as panxoliñas, que entre outras cancións, formarán parte do noso repertorio:

 Se vos achegades ata alí pasaredes uns grandes momentos musicais na nosa compañía. Agardámosvos alí!

domingo, 11 de decembro de 2022

Así Cantamos As Panxoliñas No 2.022

 Ben ... Xa pasou o nerviosismo de afrontar O Concerto de Panxoliñas 2.022... 

Primeiro houbo foto oficial dos directores de tódalas corais participantes, con nós enriba do escenario. 

 Logo xa tocou demostrar a nosa arte... Pensamos que saímos ben airosos...

 Xulgade vós con esta mostra do que conseguimos ofrecer ao noso público.

venres, 9 de decembro de 2022

Concerto De Panxoliñas No Teatro Principal 2.022

O Teatro Principal acollerá este sábado día 10 de Decembro O Concerto de Panxoliñas. Alí estaremos nós, A Coral Bella Helenes para participar con entusiasmo. A partir das 20 h.

Acompañarannos as outras Corais do Concello de Pontevedra. Estas serán as Panxolinas que nos escoitaredes este ano.

E Lembrade: Esperámosvos Alí!

luns, 5 de decembro de 2022

Misa En Santa María De Xeve

 O Vindeiro xoves 8 de decembro A Coral Bella Helenes desprazarase ata A Igrexa de Santa María De Xeve para cantar a Santa Misa arredor das 13 horas.

 Este será O Noso Repertorio

E xa sabedes: Esperámosvos alí!!!

luns, 17 de outubro de 2022

Concerto XXXV Aniversario Coral Bella Helenes, Pontevedra

 E así Foi: o 15 de outubro de 2022 A Coral Bella Helenes celebrou o Festival Conmemorativo do seu XXXV Aniversario

A xornada comezou cunha primeira toma de contacto co escenario de tódalas corais participantes. Nos nosos coralistas había quen o tomaba de forma tranquila e cun sorriso nos beizos… E outros que estaban algo máis preocupados e distraídos…


 Cando chega o momento de estar alí sobre o escenario, e xa co público presente, os nervios fan o seu traballo metendo algo de presión… As facianas así o reflexan… 

 Pero é só comezar a cantar e todo volta ao seu sitio… Voces preparadas e a punto para dar todo o que levan dentro… 

Estas son algunhas mostras do que alí se escoitou…

Coral Francisco Añón de Outes, A Coruña:

 Coral Airiños de Campañó, Pontevedra:

  Coral Bella Helenes, Pontevedra

 

Ao final do acto entrega de agasallos ás Corais convidadas: Coral Francisco Añón de Outes, A Coruña,  e Coral Polifónica Airiños de Campañó, Pontevedra, no nome dos seus presidentes. Moitas Grazas a todos por vir celebrar connosco!!!!!   

Colaboración Fotográfica: José Manuel Sobral
 CLICAR AQUÍ Y VER TODAS LAS FOTOS DEL CONCIERTO

venres, 14 de outubro de 2022

Concerto En Conmemoración Do 35º Aniversario Da Coral Bella Helenes

 No día 15 de outubro a Coral Bella Helenes, Mercantil-Pontevedra ofrecerá un concerto en Conmemoración do seu 35º Aniversario.

O acto terá lugar ás 20 horas no Teatro Principal de Pontevedra contando coa colaboración da Coral Francisco Añón de Outes, A Coruña, e a Coral Polifónica Airiños de Campañó, Pontevedra.

Este será o noso Repertorio:

Esperámosvos alí!!!

venres, 7 de outubro de 2022

Festividade San Migueliño, Marcón, Pontevedra

 Alí Estaremos para honrar a San Migueliño como se merece!


 Este será o noso Repertorio: 

 Esperámosvos alí!!!

xoves, 8 de setembro de 2022

Misa Na Honra Da Virxe Dos Remedios, Arredor Do Carballo De O Pelete, A Lama

O vindeiro venres 9 de setembro, A Coral Bella Helenes, visitará a localidade de O Pelete no Concello de A Lama para cantar A Santa Misa na honra da Virxe dos Remedios.  

Non dubidedes en visitar o seu interior con varias imaxes de diversos santos e unha Pía Bautismal de Pedra

Tampouco podedes perder o seu exterior no que sobresae O Famoso Carballo de O Pelete.Un lonxevo carballo, con máis de 7 m de Perímetro, que se estima ten máis de Cincocentos Anos. Aínda que, falando coa xente do pobo, sabemos que existe a convicción de que foi o mesmo Santiago Apóstolo quen o plantou cando anduvo por estas terras, como atestigua a gravación que podedes escoitar máis abaixo. Sexa certo ou non, está considerado como unha das árbores monumentais máis importantes de Galicia.

En torno a el, xira a chamada Festa do Viño de O Pelete con orixes que se remontan ao S. XVIII cando un arrieiro, prometeu ofrecerlle á Virxe dos Remedios un pelexo de viño tódolos anos se lle curaba un fillo moi doente a causa dun accidente acaecido transportando viño. 

¡Moitas Grazas ás Irmáns Velia e Agar pola súa amabilidade ao recitarnos as historias do Carballo e da Virxe dos Remedios.

CLICAR AQUÍ E ESCOITAR RECITADO SOBRE O CARBALLO DE O PELETE

Este será O Noso Repertorio:

 CLICAR AQUÍ E VER MÁIS FOTOS

VÉMONOS ALÍ!

venres, 2 de setembro de 2022

Misas Na Honra Da Virxe Das Dores E Da Virxe Do Rosario, Igrexa De San Miguel De Marcón

 O vindeiro Domingo 4 de setembro estaremos a cantar na Igrexa de San Miguel de Marcón para festexar A Virxe Das Dores.

Alí estaremos de novo o Luns día 5 na honra da Virxe do Rosario.

Este será O Noso Repertorio:


VÉMONOS ALÍ!!!