sábado, 30 de decembro de 2023

Desexos Dun 2.024 Cheo De Música E Sorrisos

E non queda nada para despedirnos dun ano, que xa vai velliño, e recibir outro noviño do trinque. Os Nosos desexos de que 2.024 sexa venturoso e feliz!!!

Que os días se enchan de Música, Felicidade e Sorrisos compartidos con familiares e amigos, de perto ou de lonxe! E que cada momento vivido sexa a oportunidade para crear lembranzas inesquecibles!!!

Misa Na Honra De Santa Columba De Bértola

E para despedir este gran ano musical, mañá, día 31 de decembro estaremos en Bértola, a cantar na honra de Santa Columba, tamén coñecida como Santa Comba

Se vos achegades por alí, arredor das 12,30 horas poderedes escoitarnos co seguinte Repertorio:

E Lembrade: VÉMONOS ALÍ!!!

domingo, 24 de decembro de 2023

Feliz Nadal 2.023, Para Todos!

E así, de súpeto, O Nadal asómase ao  mundo. Feliz Nadal!


Co noso desexo de que cada día nos achegue o feitizo e agarimo destes días cheos de suspiros, desexos, Música, encontros e abrazos.

sábado, 9 de decembro de 2023

Concerto De Panxoliñas Nadal 2.023 Pontevedra

Este mesmísimo Sábado A Coral Bella Helenes estaremos a cantar no Teatro Principal de Pontevedra.

Será con ocasión do Concerto de Panxoliñas propiciado polo noso Concello e onde estaremos acompañados pola Coral Polifónica O Chopo e O Orfeón Pontus Véteris. Velaquí tedes o noso Repertorio:

E XA SABEDES: A PARTIR DAS 20 H, AGARDÁMOSVOS ALÍ!

domingo, 3 de setembro de 2023

Misa Na Honra Da Virxe Do Consolo, Igrexa San Salvador, Soutomaior

Este Luns 4 de Setembro A Coral Bella Helenes estará na Igrexa de San Salvador de Soutomaior arredor das 12,30 h a cantar a Misa na honra da Virxe do Consolo.

Se vos achegades ata alí poderedes escoitar estas fermosas Cancións

E LEMBRADE QUE VOS ESPERAMOS ALÍ!!!

venres, 1 de setembro de 2023

Misa Na Honra Da Virxe Das Dores, Igrexa San Miguel de Marcón

O Próximo Domingo día 3 de Setembro a partir das 12,30 horas Os Coralistas da Coral Bella Helenes estaremos cantando na Igrexa de San Miguel de Marcón.

Será na honra da Virxe das Dores. Este será o noso Repertorio:

Lembrade que VOS ESPERAMOS ALÍ!!!

xoves, 24 de agosto de 2023

Misa Na Igrexa De Santa Comba De Bértola

E xa este Domingo 27 de Agosto voltaremos á Igrexa de Santa Comba de Bértola para cantar, arredor das 13,30 h, a Misa na honra da Virxe das Dores.

Estas serán as pezas a interpretar:

Xa sabedes que  contamos con vós!!!

domingo, 20 de agosto de 2023

A Nosa Actuación Na Praza Da Ferrería, Festas Da Peregrina 2023

A Coral Bella Helenes acudimos á Praza da Ferrería, marco incomparable para o Concerto de Corais celebrado con motivo das Festas da Peregrina 2.023.

Alí interpretamos O Carro:

La Hiedra:

Habanera de Don Gil de Alcalá:

 

E A Rianxeira, xuntamente coas demais corais participantes no evento que resultou todo un éxito de público.

sábado, 19 de agosto de 2023

Concerto De Corais Festas Da Peregrina 2.023

 Este sábado 19 de agosto participaremos no Concerto de Corais que terá lugar arredor das 21 horas na Praza da Ferrería, Pontevedra, por mor das Festas da Peregrina 2.023.

 Estas serán as Cancións que poderedes escoitarnos:
Seguro que vos gustará atoparnos alí!

xoves, 17 de agosto de 2023

Misa En Barbeira Na Honra Da Virxe De Lourdes 2.023

Este Sábado 19 de agosto estaremos de novo en Barbeira, A Lama, arredor das 13 h para cantar a Misa na Honra da Virxe de Lourdes.

Ofreceremos este Repertorio:

 Lembrade que vos agardamos alí!

sábado, 24 de xuño de 2023

Festival De Corais Bella Helenes No Teatro Principal, Pontevedra

 E hoxe Sábado 24 de Xuño, arredor das 20 horas, estaremos no Teatro Principal de Pontevedra celebrando o noso Festival de Corais.

Estaremos acompañados pola Coral Polifónica Valdarrosa de Pontecaldelas e o Grupo de Música Tradicional Galega Os Chispas do Lérez. Éste será O Noso Repertorio:

AGARDÁMOSVOS ALÍ!!!

domingo, 4 de xuño de 2023

Así Cantamos No Festival De Primavera De Corais En Campañó

 E aquí vos deixamos os vídeos da nosa participación no Certame de Primavera de Corais 2.023 celebrado en Campañó, Pontevedra o 3 de xuño de 2.023.

venres, 2 de xuño de 2023

Festival De Primavera De Corais 2.023, Campañó

E xa mañá, Sábado 3 de Xuño estaremos a cantar na Casa de Cultura de Campañó.

Farémolo para acompañar á Coral Airiños de Campañó, organizadora do “Festival de Primavera de Corais 2.023”. Tamén poderedes escoitar á Coral Santa Eulalia de Dena, Meaño, e á Coral Albricias de Maceda, Ourense. Este será o noso Repertorio:

... Xa sabedes: AGARDAMOS VERVOS ALÍ!!!!

mércores, 24 de maio de 2023

Actuación Letras Galegas 2.023

Un ano máis os coralistas da Coral Bella Helenes rendimos homenaxe co noso canto ás nosas Letras Galegas.

 Foi toda unha ledicia volver pisar o escenario do noso emblemático Teatro Principal.

Xunto con outras 3 corais do noso concello coas que ao final do acto entoamos as notas do noso Himno Galego, xa tradicional no evento ao longo dos anos.  

 Velaquí unha mostra do noso cantar:

martes, 23 de maio de 2023

Así Foi A Nosa Actuación Na Festa Da Troita, Ponte Caldelas

Efectivamente, a Sábado 20 de maio alí estivemos en Ponte Caldelas para cantar na Festa da Troita.  

O evento musical tivo lugar na Igrexa do Sagrado Corazón.

Onde se congregou unha grande afluencia de público que aplaudiu con ledicia e entusiasmo o benfacer das corais participantes.

Aquí vos deixamos os vídeos da nosa actuación.

CLICAR AQUÍ E VER MÁIS FOTOS DO CERTAME

sábado, 20 de maio de 2023

Concerto das Letras Galegas

Con este Repertorio participaremos no Encontro de Corais do Concello de Pontevedra co gallo do Día Das Letras Galegas.

Terá lugar o vindeiro domingo 21 de maio a partir das 20 horas no Teatro Principal.

Estaremos acompañados por estas outras Corais do noso concello: Coral Alameda, Coral Airiños de Campañó e Pontus Véteris.

Por si queredes escoitarnos... AGARDÁMOSVOS ALÍ!!

mércores, 17 de maio de 2023

Certame De Corais Festa Da Troita 2.023

Este será O Repertorio de cara á nosa participación no Certame De Corais Festa da Troita 2.023.

Terá lugar o vindeiro sábado 20 de maio a partir das 20 horas na Igrexa do Sagrado Corazón de Pontecaldelas con motivo da LV Festa da Troita.

Acompañaremos aos nosos anfitrións da Coral Valdarrosa de Pontecaldelas xunto coa Coral Polifónica Aires de Carral, A Coruña.

E xa sabedes: AGARDÁMOSVOS ALÍ!!

domingo, 12 de marzo de 2023

Misa-Funeral Na Igrexa De San Francisco, Pontevedra

Este Sábado 11 de Marzo estivemos cantando na Igrexa de San Francisco en Pontevedra.

Nesta ocasión tratábase dunha Misa-Funeral e este foi o noso Repertorio:

 Co noso desexo de que vos guste, aquí vos deixamos unha mostra do noso cantar. 

martes, 17 de xaneiro de 2023

Misa Na Igrexa De San Bartolomé, Pontevedra

O vindeiro Sábado 21 de Xaneiro ás 12 horas, A Coral Bella Helenes estaremos na Igrexa de San Bartolomé, en Pontevedra.

Para cantar a Misa na honra do Día do Socio do Casino Mercantil de Pontevedra. Lembrade que esperamos vervos alí!

domingo, 8 de xaneiro de 2023

Actuación Na Residencia De Maiores, Campolongo, Pontevedra

 E non podíamos fallar! Un ano máis A Coral Bella Helenes trasladouse ata A Residencia da Terceira Idade en Campolongo para tratar de animar cos nosos cantos a tódalas persoas que alí se atopan. 

xoves, 5 de xaneiro de 2023

Así Foi O Noso Concerto No Casino Mercantil, Pontevedra

 No día 16 de Decembro A Coral Bella Helenes participou no Concerto de Nadal que tivo lugar no Casino Mercantil de Pontevedra

 Estivemos acompañados da Coral do Colexio de Avogados e do Grupo de Música Tradicional Galega Os Chispas do Lérez

 O público asistente gozou coas mostras musicais que alí se ofreceron e participou activamente dunha xornada musical adicada sobretodo á época natalicia na que nos atopamos.

 VELAQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DO NOSO CANTAR:
  LEMBRADE QUE VOS ESPERAMOS NA PRÓXIMA!!!