martes, 17 de xaneiro de 2023

Misa Na Igrexa De San Bartolomé, Pontevedra

O vindeiro Sábado 21 de Xaneiro ás 12 horas, A Coral Bella Helenes estaremos na Igrexa de San Bartolomé, en Pontevedra.

Para cantar a Misa na honra do Día do Socio do Casino Mercantil de Pontevedra. Lembrade que esperamos vervos alí!

domingo, 8 de xaneiro de 2023

Actuación Na Residencia De Maiores, Campolongo, Pontevedra

 E non podíamos fallar! Un ano máis A Coral Bella Helenes trasladouse ata A Residencia da Terceira Idade en Campolongo para tratar de animar cos nosos cantos a tódalas persoas que alí se atopan. 

xoves, 5 de xaneiro de 2023

Así Foi O Noso Concerto No Casino Mercantil, Pontevedra

 No día 16 de Decembro A Coral Bella Helenes participou no Concerto de Nadal que tivo lugar no Casino Mercantil de Pontevedra

 Estivemos acompañados da Coral do Colexio de Avogados e do Grupo de Música Tradicional Galega Os Chispas do Lérez

 O público asistente gozou coas mostras musicais que alí se ofreceron e participou activamente dunha xornada musical adicada sobretodo á época natalicia na que nos atopamos.

 VELAQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DO NOSO CANTAR:
  LEMBRADE QUE VOS ESPERAMOS NA PRÓXIMA!!!