mércores, 24 de maio de 2023

Actuación Letras Galegas 2.023

Un ano máis os coralistas da Coral Bella Helenes rendimos homenaxe co noso canto ás nosas Letras Galegas.

 Foi toda unha ledicia volver pisar o escenario do noso emblemático Teatro Principal.

Xunto con outras 3 corais do noso concello coas que ao final do acto entoamos as notas do noso Himno Galego, xa tradicional no evento ao longo dos anos.  

 Velaquí unha mostra do noso cantar:

martes, 23 de maio de 2023

Así Foi A Nosa Actuación Na Festa Da Troita, Ponte Caldelas

Efectivamente, a Sábado 20 de maio alí estivemos en Ponte Caldelas para cantar na Festa da Troita.  

O evento musical tivo lugar na Igrexa do Sagrado Corazón.

Onde se congregou unha grande afluencia de público que aplaudiu con ledicia e entusiasmo o benfacer das corais participantes.

Aquí vos deixamos os vídeos da nosa actuación.

CLICAR AQUÍ E VER MÁIS FOTOS DO CERTAME

sábado, 20 de maio de 2023

Concerto das Letras Galegas

Con este Repertorio participaremos no Encontro de Corais do Concello de Pontevedra co gallo do Día Das Letras Galegas.

Terá lugar o vindeiro domingo 21 de maio a partir das 20 horas no Teatro Principal.

Estaremos acompañados por estas outras Corais do noso concello: Coral Alameda, Coral Airiños de Campañó e Pontus Véteris.

Por si queredes escoitarnos... AGARDÁMOSVOS ALÍ!!

mércores, 17 de maio de 2023

Certame De Corais Festa Da Troita 2.023

Este será O Repertorio de cara á nosa participación no Certame De Corais Festa da Troita 2.023.

Terá lugar o vindeiro sábado 20 de maio a partir das 20 horas na Igrexa do Sagrado Corazón de Pontecaldelas con motivo da LV Festa da Troita.

Acompañaremos aos nosos anfitrións da Coral Valdarrosa de Pontecaldelas xunto coa Coral Polifónica Aires de Carral, A Coruña.

E xa sabedes: AGARDÁMOSVOS ALÍ!!