sábado, 30 de decembro de 2023

Desexos Dun 2.024 Cheo De Música E Sorrisos

E non queda nada para despedirnos dun ano, que xa vai velliño, e recibir outro noviño do trinque. Os Nosos desexos de que 2.024 sexa venturoso e feliz!!!

Que os días se enchan de Música, Felicidade e Sorrisos compartidos con familiares e amigos, de perto ou de lonxe! E que cada momento vivido sexa a oportunidade para crear lembranzas inesquecibles!!!

Misa Na Honra De Santa Columba De Bértola

E para despedir este gran ano musical, mañá, día 31 de decembro estaremos en Bértola, a cantar na honra de Santa Columba, tamén coñecida como Santa Comba

Se vos achegades por alí, arredor das 12,30 horas poderedes escoitarnos co seguinte Repertorio:

E Lembrade: VÉMONOS ALÍ!!!

domingo, 24 de decembro de 2023

Feliz Nadal 2.023, Para Todos!

E así, de súpeto, O Nadal asómase ao  mundo. Feliz Nadal!


Co noso desexo de que cada día nos achegue o feitizo e agarimo destes días cheos de suspiros, desexos, Música, encontros e abrazos.

sábado, 9 de decembro de 2023

Concerto De Panxoliñas Nadal 2.023 Pontevedra

Este mesmísimo Sábado A Coral Bella Helenes estaremos a cantar no Teatro Principal de Pontevedra.

Será con ocasión do Concerto de Panxoliñas propiciado polo noso Concello e onde estaremos acompañados pola Coral Polifónica O Chopo e O Orfeón Pontus Véteris. Velaquí tedes o noso Repertorio:

E XA SABEDES: A PARTIR DAS 20 H, AGARDÁMOSVOS ALÍ!