mércores, 29 de maio de 2024

Así Foi A Nosa Actuación No Teatro Principal, Pontevedra

E como vos tiñamos anticipado o Sábado 25 de maio celebramos o noso Concerto de Primavera no Teatro Principal de Pontevedra

Algo que esperamos sempre con moita ilusión.


Estivemos acompañados por Os Chispas do Lérez, Grupo de Música Tradicional e De Autor

Xunto coa Coral Alameda de Pontevedra e a Coral Polifónica de Bueu que despois de amosarnos o seu ben facer foron agasalladas cun pequeno detalle da nosa parte. 

De entre O Noso Repertorio, os que por alí vos achegastes, puidestes escoitarnos:

Meu Amor É Mariñeiro

Eres Tú:

 No Dudaría:


Como colofón ao final do acto todos os participantes entoamos o noso Himno Galego, deixando un bo sabor de boca en todos os concorrentes. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario