domingo, 14 de agosto de 2022

Concerto De Corais Na Praza Da Ferrería

 Hoxe, día 14 de agosto, A Coral Bella Helenes estaremos no incomprable marco da Praza da Ferrería en Pontevedra para participar no Concerto organizado con motivo das Festas da Peregrina.

Estaremos acompañados doutras 4 corais da nosa cidade. Xa sabedes que desde alí podedes admirar toda a bonita panorámica que rodea a praza, chamada Da Ferrería, porque nela era onde tiñan os seus talleres as persoas que se dedicaban ao oficio de ferreiro non hai moitos anos.

Así tedes a fermosa Fonte da Ferrería que da lugar á famosa copla:

Pontevedra é boa vila

dá de beber a quen pasa

a fonte da Ferrería,

San Bartolomé na praza.

Tamén o fantástico Convento de San Francisco do S. XIV co seu impoñente Rosetón.

Tamén, ao final da Procesión da Virxe Peregrina polas rúas de Pontevedra, estaremos ás portas do seu Santuario para recibila cantando "Salve Regina".

 (Colaboración Fotográfica: José Manuel Sobral)

Este será O Noso Repertorio:

A Gozar!!! Que teñades unhas Boas Festas! Vémonos Alí!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario