sábado, 6 de agosto de 2022

Misa Na Igrexa De San Fructuoso, Santiago De Compostela

 O día 7 de agosto tócanos levantar cedo para despazarnos ata a Igrexa de San Fructuoso en Santiago de Compostela. Alí cantaremos a Santa Misa retransmitida pola RTVG ás 10 h da mañá

O templo, do S. XVIII e de Estilo Barroco, tamén é coñecido coma Igrexa Das Angustias de Abaixo. Resalta a grandiosa cúpula e a decoración superior coas imaxes das catro virtudes cardinais: Prudencia, Xustiza, Fortaleza e Temperanza, que a retranca popular identifica coas catro sotas da baralla española.

No  interior merece atención A Piedade, neoclásica de Antón Fernández o Vello que preside O Altar Maior.

 Este será o noso Repertorio:

Ningún comentario:

Publicar un comentario