xoves, 18 de agosto de 2022

Misa Na Honra Á Virxe De Lourdes, Barbeira

Este Venres 19 de agosto sobre as 13 h visitaremos a localidade de Barbeira no Concello de A Lama. Alí estaremos para cantar A Misa na honra da Nosa Señora de Lourdes

 Que se celebrará no adro da súa Igrexa.

A súa imaxe foi noticia hai algún meses xa que os amigos do alleo, aproveitando as tebras da noite, entraron no seu santuario e levaron as xoias que os fegreses lle tiñan ofrecido ao longo dos anos. Felizmente algunhas foron recuperadas. 

Nas súas inmediacións atopamos una fonte que  tamén saiu nos xornais, non hai moito tempo, debido a aparación na súa pedra, dunha silueta que moitos crentes aseguraron ser a da propia Virxe de Lourdes. 

 Non pasedes por alto dous fermosos cruceiros. Un estilizado e alto.

E outro máis curto e rústico pero rodeado dunha aureola de grande beleza.

Colaboración Fotográfica: José Manuel Sobral

Este será O Noso Repertorio:

 Esperámosvos Alí!!!

CLICAR AQUÍ E VER MÁS FOTOS DE BARBEIRA

Ningún comentario:

Publicar un comentario